Reserva mundial de la biosfera la zona de As Mariñas Coruñesas y Terras do Mandeo

ACTUALIDAD Y NOTICIAS

sábado, 24 de julio de 2010

Turismo promociona o destino Galicia en seis aeroportos internacionais europeos con voos directos á nosa comunidade

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, dependente da Consellería de Cultura e Turismo e adscrita á Secretaría Xeral para o Turismo, vén de iniciar unha campaña publicitaria para a promoción do destino turístico Galicia e dos voos directos cara á comunidade galega en seis aeroportos internacionais europeos. No momento do ano no que máis tráfico de viaxeiros se rexistra nos aeroportos por mor das vacacións estivais, Turgalicia instalou varios paneis promocionais en dúas instalacións aeroportuarias de pasaxeiros de Londres, unha de Francfort, unha de París, unha de Roma, a de Lisboa, Bruxelas, Amsterdam, é dicir, as que operan voos directos cara a Comunidade galega.

Nestes paneis informativos, a Xunta de Galicia promocionará entre os meses de xullo e agosto o destino Galicia en xeral e o Xacobeo 2010 en particular, ademais de lembrarlles aos usuarios destes aeroportos os voos directos que operan cara Galicia.

Suplementos de turismo e viaxes

Por outra parte, Turgalicia inserirá esta fin de semana unha páxina de publicidade nos suplementos de viaxes de máis audiencia de Roma, París, Bruxelas, Amsterdam, Frankfurt e o resto de Alemaña, Londres, Lisboa e Zurich.

Con esta acción publicitaria, Turismo promociona tamén o destino Galicia nos contornos dos aeroportos europeos que conectan directamente cos aeoportos galegos a través das compañías Ryanair, Vueling, Air France, TAP e Air Berlin.

A través de insercións publicitarias nos xornais Sunday Times, The Times, Le Parisien, De Standaard, Het Parool, Le Soir, Frankfurter Allgemeine Zeintung, Público, La Republica e NZZ, Turgalicia difundirá a celebración do Xacobeo 2010 e os valores turísticos xerais de Galicia á vez que se lles lembra aos lectores destas publicacións periódicas a posibilidade de voar a Galicia de xeito directo para gozar dos eventos que conmemoran o Ano Santo 2010 así como os principais recursos turísticos gelgos.

Esta última acción publicitaria é a continuación da que xa se desenvolvera o pasado mes de marzo nestes xornais europeos, no marco do investimento estipulado de 1.300.000 euros para conseguir unha maior afluencia de turistas estranxeiros, grazas á maior conectividade directa e semidirecta que posúe actualmente Galicia

Fuente: Xunta de Galicia

Galicia destino único

Galicia destino único

ACTUALIDAD

Sada

Sada
La Perla de las Mariñas Coruñesas

Visítanos

Visítanos
Sada Digital

Catedral de Santiago

Catedral de Santiago
Santiago de Compostela

Donde estamos

Donde estamos

Galicia

Playa de las Delicias

Playa de las Delicias
(Sada - A Coruña)